xoves, 25 de febreiro de 2016

Cumples do mes de Xaneiro

No mes de xaneiro festexamos os cumples de Lucía, Anxo e Hanaa; os maiores da clase, que xa teñen 5 anos.
Parabéns nenos/as.

luns, 22 de febreiro de 2016

Día de Rosalía

Esta semana imos festexar no colexio o Día de Rosalía e para tal fin estamos realizando algunhas actividades no colexio e traballando a figura de Rosalía de Castro.
Algunhas das cousiñas que imos ver ou xogar con elas son:

- Unha grabación audiovisual que fixemos no colexio para conmemorar o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos no 2013.
Agardamos que vos guste, a nós gustanos moitísimo porque a fixemos no colexio entre todos os profes e nenos e nenas.



- Algúns dos seus poemas musicados:





- Un pequeno tríptico moi breve sobre unha das escritoras galegas máis universais, ou a máis universal incluso.



- E unha breve presentación da súa vida e obra.

venres, 19 de febreiro de 2016

Enterro da Sardiña

E como non todo van ser fotos, aquí vos deixamos uns vídeo de como foi o enterro da sardiña.

Uns minutos da nosa procesión.


Aquí uns minutiños do noso "chorar".


Estes son uns momentos da nosa festa posterior.

xoves, 18 de febreiro de 2016

Enterro da Sardiña

E o Entroído rematou e tocou enterrar a sardiña. Menos mal que o noso enterro sempre é divertido e a nosa sardiña sempre é doce por dentro, así dá gusto.
Fixádevos que guapos que estaban os nosos nenos e nenas.

mércores, 17 de febreiro de 2016

Entroido 2016

Aquí podedes ver unhas imaxes do que foi a celebración da festa do Entroido no noso colexio este ano.

domingo, 7 de febreiro de 2016

Reciclaxe en familia

Xunto coas nosas familias estamos aprendendo a reciclar, reutilizar e reducir... o primeiro que fixemos foi aprender a reciclar por cores e logo estivemos vendo como se poden reutilizar moitos obxectos e convertilos en xoguetes ou útiles para a casa.
Foi un traballo en familia deses nos que tanto aprendemos, xa que fixemos manualidades, traballamos en equipo, esforzámonos na lectoescritura, traballamos conceptos de lóxica e de matemática...

venres, 5 de febreiro de 2016

O trasno Xan

Hoxe por fin conseguimos ver o trasno Xan... e viu para quedarse.

Día da Paz 2016

O 29 de xaneiro festexamos o Día da Paz no noso colexio, onde todos xuntos estivemos lendo un manifesto, cantando unha canción e logo xogando a "xogos cooperativos" co resto dos nenos da nosa escola.

xoves, 4 de febreiro de 2016

Engulecontos

Hoxe, xoves día 4 de febreiro, tivemos unha sesión de contacontos no noso colexio grazas á colaboración do Concello de Pontevedra.
Titulábase "engulecontos" e nela estivemos facendo un conto colaborativo e despois imaxinándonos como era a "engulecontos".

mércores, 3 de febreiro de 2016

Máscara de Entroido

Estes días no colexio estamos preparando o Entroído e facendo máscara e antifaces. Un dos que estamos facendo é unha máscara veneciana coas nosas mans; se algún dos nosos "enfermiños" o quere facer na casa, faise así (nós picámola e botámoslle outros adornos pero se mamá e papá queren axudar pódena recortar, ademais nós pintamos as mans no canto de pintala despois):

luns, 1 de febreiro de 2016

Concurso Medio Ambiente

Aproveitando que estamos traballando a reciclaxe e o coidado do noso medio, a profe inscribiunos nun concurso. Gañar non é probable que gañemos (xa que somos moitos participantes) pero mentres o intentamos imos aprender moitísimo.
O concurso titúlas “Cuidamos el Medio Ambiente … por un Desarrollo Sostenible” e é da Asociación Mundial de Educadores infantiles.
Podedes ver máis información en:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...