sábado, 30 de enero de 2016

viernes, 29 de enero de 2016

lunes, 25 de enero de 2016

Xogos para aprender a reciclar

Preme na imaxe para axudar a Caillou a reciclar.
E agora reciclamos con Pocoyó.

domingo, 17 de enero de 2016

Cantamos

Algunhas cancións sobre a reciclaxe tamén nos gustan





miércoles, 13 de enero de 2016

Aprendendo a reciclar

Vídeos explicativos para aprendermos a reciclar.













martes, 12 de enero de 2016

O mundo nas nosas mans

Reciclar é o proceso que sofren os materiais de refugallo cando son recollidos e transformados en novos materiais, que poden ser utilizados ou vendidos como novos produtos.
O proceso de reciclaxe converteuse nunha actividade que axuda a solucionar moitos problemas ocasionados polos millóns de toneladas de refugallos sólidos que producimos a diario os seres humanos de todo o mundo. Reciclar é, polo tanto, contribuír a protexer o medio natural para deter a contaminación ambiental. Participar coa recollida, a separación e a reciclaxe é unha forma distinta de concivir a vida e percibir o contorno natural.
O noso obxectivo con este proxecto "o mundo nas nosas mans" é que os nosos alumnos/as teñan unha primeira toma de contacto no labor da reciclaxe, empezando por seperar as basuras que se xeran na aula, coñecendo os distintos colectores que nos atopamos na rúa e vendo como é posible reutilizar algúns dos materiais que poderiamos considerar de refugallo.
Con pequenos xestos como os que se producen a diario na nosa aula estamos achegando un gran de area ao coidado do noso planeta e o respecto polo medio natural.
Así co desenvolvemento deste proxecto educativo pretendemos transmitir unha concienciación da importancia do reciclado para o coidado do noso mundo. E que o reciclado sexa unha medio para dar utilidade a numerosos materiais de refugallo e convertelos en obxectos valiosos.

lunes, 11 de enero de 2016

Que sabemos?

Hoxe comezamos o noso novo proxecto “o mundo nas nosas mans” no que imos aprender moitísimas cousas.
Empezamos este proxecto falando da reciclaxe e do que nos sabíamos sobre ela, a verdade é que sabíamos máis do que a profe pensaba e deunos para falar moito moito tempo. Aquí tedes un resumo do que foi a nosa conversa.

“reciclar é cando dunha cousa se poden facer máis cousas”, “como unha máquina, ou xoguetes, ou disfraces ou trasnos”.
“temos que levar as botellas, latas e periódicos para tira a unha basura especial de colores”, “e pon unha foto e tíralo onde pon a foto”, “son de color azul, rojo e verde”, “non, son todos verdes”, “non amarillo, verde e rojo”, “non, rojo non”, “azul e negro, mireinos nuns dibujos de Peppa Pig”, “tamén hai marrón”, “non, marrón non”, “si, para facer iso para que nazan as plantas, está facido con tablas”, “e de aí sae unha terra especial que se fai coa basura e cos gusanitos”, “iso chámase compost”, “os gusanitos trituran a basura e bótana no compost e debaixo hai terra, unha terra especial”.
“por iso o trasno nos quitou a papeleira, quere que reciclemos” E que podemos recilclar? “tapóns”, “composto”, “botellas”, “non, só se reciclan tapóns” “na miña casa reciclamos cartón no azul, plástico no amárelo, todo no negro e botellas de cristal no verde e ven un camión e lévao á planta de reciclaxe da tía Marta e fan cousas e tráenas outra vez”.
E como imos reciclar se non tempos papeleiras? “comprámolas”, “traemos da casa”…


E aí quedamos, como vedes foi unha conversa moi produtiva e despois miramos un capítulo de Peppa Pig sobre a reciclaxe.

O noso tempo con Yoel

Algunhas das cousas que Yoel fixo con nós foron:

domingo, 10 de enero de 2016

Despedida de Yoel

O pasado venres foi o último día do noso amigo Yoel no noso colexio e para despedilo fixemos unha festa como el se merece e preparámoslle uns agasallos para que non se esqueza de nós.
Ímoste botar en falta en Yoel. Un biquiño, e vennos visitar cando queiras.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...