jueves, 28 de mayo de 2015

Cumple de Maio

Hoxe festexamos o cumple da nosa compañeira Noa. Pasámolo moi ben e manchámonos un montón de chocolate.


domingo, 24 de mayo de 2015

jueves, 14 de mayo de 2015

As mariscadoras

Esta semana estamos traballando o mar, e como non pode ser doutro xeito imos traballar as profesións relacionadas co mar que máis próximas nos son.
E como non podía ser doutro xeito imos empezar coas mariscadoras.
Xa estivemos falando un pouco na clase do tema e hoxe veu a mamá de Diego (Elena) que é mariscadora a explicarnos cousiñas do seu traballo e a ensinarnos os útiles que ela emprega no mar para coller as ameixas e berberechos; tróuxonos unhas ameixas e berberechos, ensinounos a mover o angazo... aprendemos moito e pasámolo moi ben. Agora só falta que nos leve a mariscar con ela.



Tamén estivemos traballando as mariscadoras a través da arte cun cadro de Luís Seoane titulado As Mariscadoras.

miércoles, 13 de mayo de 2015

Visita ao Museo do Mar

O próximo venres imos visitar o Museo do Mar en Vigo e estamos preparando a nosa saída falando moito do mar na escola e dalgunhas profesións relacionadas co mar.
Imos facer o seguinte obradoiro:

“A Casa dos vellos mariñeiros”. Nesta actividade os participantes transformaranse en pequenos mariñeiros e internaranse no particular mundo da cultura tradicional mariñeira de Galicia; vivirán unha experiencia que lles permitirá coñecer e practicar distintos medios de pesca, navegación e crenzas propias da cultura mariñeira e, ademais, visitarán o acuario onde se lles contará unha lenda mariñeira e descubrirán algúns dos segredos que gardan os peixes e outros seres mariños que alí se atopan.

sábado, 9 de mayo de 2015

De ovo a bolboreta

E agora que xa sabemos máis da nosa Papilio toca ver como se converte en bolboreta.

jueves, 7 de mayo de 2015

Como se fai unha crisalida

Estivemos investigando pola nosa conta e atopamos este vídeo que nos gustou moitísimo e como nace unha bolboreta

miércoles, 6 de mayo de 2015

A pequena eiruga glotona

Mirade que conto máis bonito estivemos lendo hoxe no colexio.


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...