jueves, 30 de abril de 2015

Día do libro

O pasado 23 de abril festexamos o Día do libro no colexio con varias actividades, unha deles foi a elaboración duns marcapáxinas (un para nós e outro para os nosos pais) que xa chegaron ás nosas casas e outra foi un apadriñamento lector cos nenos/as do colexio.
A verdade é que foi unha experiencia distinta que nos gustou moito xa que nesta ocasión non só nos viñeron ler os maiores, senón que nós tamén lle lemos a eles o conto que escolleramos previamente na biblioteca do centro.


domingo, 26 de abril de 2015

sábado, 25 de abril de 2015

Curta de Disney

E que tal se levarán as formigas cos grilos?

viernes, 24 de abril de 2015

A marcha das formigas

Mirade que canción máis bonita.

jueves, 23 de abril de 2015

Feliz Día do Libro

Hoxe 23 de abril festexamos como todos os anos o Día do Libro, co gallo desta conmemoración realizamos moitas actividades durante esta semana como a visita á biblioteca, contacontos... pero como non queremos quedar só aí, deixámosvos aquí unha selección de cinco curtas fantásticas para fomentar a lectura entre os máis pequenos da casa.
Agardamos que vos gusten.









miércoles, 22 de abril de 2015

Documental para nenos/as

Aquí vos deixamos un documental para nenos/as sobre as formigas.

martes, 21 de abril de 2015

Debuxos de formigas

E agora imos ver un fábula da cigarra e a formiga.

lunes, 20 de abril de 2015

A nosa visita


Mirade quen nos veu visitar hoxe. En realidade non era tan guapa pero esta foto gustounos máis.




viernes, 17 de abril de 2015

Coñecendo a Yoel

Aquí vos deixamos a presentación de fotos de cando Yoel foi o noso encargado.

martes, 14 de abril de 2015

Enterro da Sardiña

Aquí vos deixamos unha pequena presentación de fotos de como foi o enterro da sardiña no noso colexio.
O primeiro que fixemos foi preparar unha sardiña enorme para meterlle dentro os nosos agasallos, despois procedemos ao velatorio e xa por último zoupámoslle cun pau e cando se rompeu collemos os premios e fixemos unha pequena festa.

lunes, 13 de abril de 2015

Cumples de marzo

No mes de marzo festexamos o aniversario do noso amigo Gabriel e de outros nenos/as de catro e cinco anos.
Pasámolo moi ben e as tartas e biscoitos estaban boísimos.

miércoles, 8 de abril de 2015

Chegou a primavera

Hai xa uns días que chegou a primavera e marchou o inverno, pero con isto das vacacións non nos dera aínda moito tempo de falar do tema. Así que esta semana empezamos a falar da primavera e dos cambios que ocorren no noso contorno. 
Aquí vos deixamos unha presentación da Primavera que compartiu no seu blog o CEE de Ferrol.
Primavera
View more presentations or Upload your own.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...