mércores, 11 de marzo de 2015

Visita da policía local

O martes cando chegamos ao colexio atopamos un coche da Policía local e nós somos tan atrevidos que decidimos invitala a visitar a nosa clase e a falar un pouco con nós... e sabedes que... aceptou a nosa proposta.
Estívonos ensinando o seu traxe e as cousas que levaba con ela (a pistola non, por moito que algún lle insistiu), falándonos de que non lle debemos ter medo á policia porque son bos e pódennos axudar e como lle viña a falar de educación vial aos maiores tamén falou con nós de que tiñamos que ir sentados na nosa silla, cos cintos postos, que os nosos pais e nais non poden falar por teléfono mentres conducen...
Pasámolo xenial, pena non podermos ir visitar o seu coche de policía, pero claro non podemos saír do colexio sen autorización dos nosos pais e nais; unha mágoa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...