viernes, 27 de marzo de 2015

jueves, 19 de marzo de 2015

Eclipse de Sol

Mañá día 20 de marzo de 2015 terá lugar un eclipse de sol que se pode ver dende calquera parte da xeografía galego.
Na páxina web do noso colexio tedes información ao respecto
 http://www.edu.xunta.es/centros/ceippontesampaio/
Pero se queredes saber máis aquí vos deixamos algúns recursos:
E NON VOS ESQUEZADES DA PROTECCIÓN OCULAR PARA PODER GOZAR DO ECLIPSE







jueves, 12 de marzo de 2015

Coñecendo a Anxo

A semana que Anxo foi o noso encargado por primeira vez aprendemos moitas cousas del e da súa familia. Queredes saber algunhas delas?

miércoles, 11 de marzo de 2015

Visita da policía local

O martes cando chegamos ao colexio atopamos un coche da Policía local e nós somos tan atrevidos que decidimos invitala a visitar a nosa clase e a falar un pouco con nós... e sabedes que... aceptou a nosa proposta.
Estívonos ensinando o seu traxe e as cousas que levaba con ela (a pistola non, por moito que algún lle insistiu), falándonos de que non lle debemos ter medo á policia porque son bos e pódennos axudar e como lle viña a falar de educación vial aos maiores tamén falou con nós de que tiñamos que ir sentados na nosa silla, cos cintos postos, que os nosos pais e nais non poden falar por teléfono mentres conducen...
Pasámolo xenial, pena non podermos ir visitar o seu coche de policía, pero claro non podemos saír do colexio sen autorización dos nosos pais e nais; unha mágoa.


martes, 10 de marzo de 2015

A guerra dos números

O martes día 3 de marzo fomos ao Pazo de Cultura de Pontevedra a ver unha obra de teatro musicada. Titulábase "A guerra dos números" e presentounos unha historia ben divertida que sucedeu no país dos números.


lunes, 9 de marzo de 2015

Coñecendo a Jimena

Antes de marcharmos de vacacións de Nadal, Jimena foi a nosa encargada. E estas son algunhas das cousiñas que fixemos con ela e que nos ensinou da súa vida fóra da escola.
Agardamos que vos gusten.

viernes, 6 de marzo de 2015

Festexando o Entroido

Aquí vos deixamos unha presentación de fotos dalgúns momentos do noso entroido.

martes, 3 de marzo de 2015

Coñecendo a Mateo Maceira

Cando Mateo Maceira foi o noso encargado aprendemos moitas cousas del e da súa familia. Aquí vos deixamos unha pequena presentación de como foi a semana na que Mateo exerceu o papel de encargado de aula.
Agardamos que vos guste.

lunes, 2 de marzo de 2015

Cadros de Miró

Aquí vos deixamos algúns exemplos dos cadros de Miró que estamos representando na clase.
Algúns pintámolos con pincel, outros con cera grosa, con cera fina... e seguiremos probando outros materiais.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...