domingo, 28 de septiembre de 2014

jueves, 25 de septiembre de 2014

A filosofía do noso blog

Para todos aqueles pais que acaban de empezar a formar parte da nosa comunidade educativa e deste noso blog, deixámosvos aquí a explicación e causa do mesmo tal e como quedou recollido na Red de Buenas Prácticas 2.0 da que moi orgullosamente formamos parte.
Agardamos que así comprendades á perfección os principios que sustenta a elaboración deste blog.


Preme na imaxe para acceder

miércoles, 24 de septiembre de 2014

Fin do período de adaptación

Unha vez o Período de adaptación rematou xa asistimos toda a xornada lectiva á escola. A verdade é que hoxe custounos un pouquiño (a uns máis que a outros), pero co tempo iremos acostumándonos máis. Para celebrarmos este gran día a profe fíxonos entrega dun diploma a cada un. Que contentos marchamos para casa... mañá máis.

miércoles, 17 de septiembre de 2014

Os tres porquiños

Todo un clásico para gozar en familia. Só 8 minutos que aos nenos/as lle saben a pouco.

lunes, 15 de septiembre de 2014

O noso horario

Aquí queda á vosa disposición o que vai ser o noso horario unha vez rematemos o período de adaptación, ou o que é o mesmo, a partires do vindeiro mércores día 24 de setembro.


miércoles, 10 de septiembre de 2014

Periodo de Adaptación

Queridas familias:
A adaptación dos vosos nenos e nenas ao Centro de Educación Infantil depende, en gran medida da seguridade e confianza que lle ofrezades dende o primeiro día.
Recordade que vai afrontar una nova experiencia, chea de emocións, medos, ansiedade e desexos, e necesita comprensión e cariño dos adultos. Por iso, non esquezades dicirlles con frecuencia, nestes días, o moito que os queredes e o orgullosos que estades dos seus pequenos triunfos.
Tede en conta que o traballo en equipo, a produción colaborativa e a socialización das experiencias son fundamentais á hora de afianzarnos neste camiño. E nel resulta indispensable contar coa participación das familias na vida escolar.
Xuntos construiremos un vínculo sólido entre o centro educativo e a comunidade.
Feliz adaptación á "escola de maiores".


lunes, 8 de septiembre de 2014

Información ás familias

Aquí podedes ver o díptico informativo que se lle entregou ás familias co horario de incorporación durante o período de adaptación.






viernes, 5 de septiembre de 2014

Inicio dunha nova etapa

Xa queda pouquiño de vacacións, dentro duns días volvémonos ver todos. Algúns xa nos deixan e pasan para a primaria e outros empezan con ilusión unha nova etapa educativa, esperemos sexa unha experiencia fantástica para todos eles; para os que chegan e para os que xa se van.
Benvidos os novos e deica sempre aos que agora xa non son "peques" ímosvos estrañar moitísimo, aprendemos un montón xuntos e pasamos moitos momentos felices e divertidos dentro e fóra do colexio.
Un bico enorme para todo vós.



LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...