viernes, 30 de mayo de 2014

miércoles, 28 de mayo de 2014

Como recoñecer as constelacións

Estamos aprendendo cousiñas das constelacións.

Inventando contos

Hoxe na aula estivemos inventando contos por parellas e foi unha actividade moi moi interesante. Non é a primeira vez que o facemos nin será a última porque é unha tarefa que nos gusta moito e nos permite traballar moitas intelixencias e habilidades.
A profe estaba moi contenta con nós porque nos implicamos moito na actividade e ademais de moi motivados estabamos moi compenetrados e traballamos un montón.
Con este nivel de implicación a estas idades, o resultado final é o menos importante.
...

lunes, 26 de mayo de 2014

Deica pronto profe Iris

Como ben sabedes durante uns meses tivemos dúas profes na nosa clase, pero por desgraza unha deles deixounos no mes de marzo para continuar formándose. Aprendemos moito con ela e collémoslle moitísimo cariño, por iso a botamos moito de menos e lle preparamos unha festa de despedida e uns agasallos con axuda das nosas familias. Moitas grazas profe Iris por darnos tanto cariño e tanta entrega durante o tempo que estiveches connosco. Acaba pronto esa universidade que te queremos de novo no noso colexio canto antes.
...

jueves, 22 de mayo de 2014

Semana Cultural

Durante a Semana Cultural do noso colexio realizamos moitas actividades como contacontos, teatro de sombras, excursións, visitas guiadas, roteiros... algunhas fotos das actividades nas que nós participamos podedes velas na seguinte presentación de imaxes.

 Semana Cultural 2014 on PhotoPeach

miércoles, 21 de mayo de 2014

Entrevista á doutora

Hai xa uns meses que estivemos traballando os medios de comunicación, pero aproveitando que estamos preparando unhas follas para a revista escolar sobre este proxecto estivemos vendo na aula algunha das cousiñas que fixemos daquela. Entre estas cousas está á visita ao centro de saúde no que nos aproveitamos para facerlle unha entrevista á doutora da vila.
Aquí vos deixamos dous pequenos audios de parte desa entrevista para que vexades que profesionais somos.

jueves, 15 de mayo de 2014

Adiviñas con flores

Como nos gustan moito as adiviñas e tamén nos gustan moito as flores, que mellor que xogar ás adiviñas coas flores. Apetécevos?



E non vos esquezade que como xa non é a primeira vez que traballamos as flores e as plantas, temos moitos recursos nas xanelas do lateral.

miércoles, 14 de mayo de 2014

Semana das Letras Galegas

Esta semana conmemoramos no cole o Día das Letras Galegas coa nosa Semana Cultural. Para tal fin durante estes días imos ter unha sesión de contacontos, un teatro de sombras, algunha saída... e estamos traballando no colexio sobre a figura do autor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Sabedes quen é?
Aquí  vos deixamos uns recursos que estivemos traballando na aula para tal fin.

http://www.tinytap.it/games/g79y/play/


https://dl.dropboxusercontent.com/u/60880342/letras%20galegas%202014/d%C3%ADazcastro%201%C2%BA%20ciclo/1_ociclo.html

Aquí podedes escoitar un dos seus poemas máis famosos: "esmeralda".

http://coordinadoraendl.org/letras2014/audiovisual/descarga.php?f=Esmeralda.mp3

martes, 13 de mayo de 2014

Imos plantar

Como xa sabedes estas semaniñas estamos investigando sobre as plantas, e que mellor forma de investigar que indo plantar sementes e bulbos e traendo obxectos motivadores á clase.

Imos plantar on PhotoPeach

jueves, 8 de mayo de 2014

Investigación do medio

Durante as próximas semanas imos facer unha pequena investigación do medio sobre as plantas.
Xa empezamos a facer acopio de materiais e recursos para a nosa aula (en breve ensinarémosvolos) e agora imos empezar a buscar información noutras canles que non sexa a nosa familia.
Aquí vos deixamos para ir empezando unhas pequenas presentacións sobre as cousiñas que imos aprender.



martes, 6 de mayo de 2014

Visita á biblioteca de Arcade

Con motivo do día de libro os nenos/as de educación visitamos a bibliteca de Arcade.
Xa non é a primeira vez que imos pero seguenos gustando moito ir xa que ademais de gozar moito lendo os libros que alí hai, de facermos o carnet da biblioteca, de aprender cousiñas de como funcionan as bibliotecas municipais... tamén damos un bonito paseo ata chegar a ela en compañía dos nosos compañeiros/as e das profes.

...

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...