lunes, 24 de febrero de 2014

A letra s

Hoxe no colexio estivemos aprendendo unha nova letra minúscula, o "s" da profe Silvia (que é moi difícil de facer).
Mirade que canción máis bonita a acompaña.

24 de febreiro. Día de Rosalía

E para festexar o Día de Rosalía.
Aquí vos deixamos un libro Lim sobre ela.


jueves, 20 de febrero de 2014

Slideshare medios de comunicación

Agora que xa imos rematando con este pequeno proxecto dos medios de comunicación, imos ir recordando todo o que aprendemos.



lunes, 17 de febrero de 2014

Os xornais

Para aprendermos máis cousas dos xornais viñéronnos visitar unha xornalista e unha fotógrafa. Con elas pasamos unha mañá moi entretida e aprendemos moitas cousas sobre os xornais: onde se fan, quen os fai, como chegan a nós as noticias, como se fai unha foto, como se fai unha noticia...
Moitas grazas Mónica e Natalia por pasar un anaco do voso tempo con nós, foi un pracer gozar da vosa compañía.


jueves, 13 de febrero de 2014

Día internacional da radio

Hoxe é o Día Internacional da Radio e como no día de hoxe nós non podíamos festexelo adecuadamente porque tiñamos que aproveitar o "bo día" para ir entrevistar a doutora da nosa vila, celebrámolo onte.
Recibimos con moito cariño a visita de Carme Novas, unha xornalista fantástica que nos explicou moitas cousas sobre a radio (quen traballa nela, que fan, que efectos hai na radio, etc.) e despois o máis divertido: primeiro fíxonos unha gravación presentándonos e logo fomos facenos unha entrevista na mesa de son e falamos polo micro e máis tardes escoitámonos.
Foi unha experiencia moi novidosa para nós e ademais de aprender cousas novas, pasámolo moi ben e descubrimos que a nosa voz na radio soa un pouco distinta.
Moitas grazas Carme pola túa visita, foi un pracer terte entre nós.

martes, 11 de febrero de 2014

Imos xogar

Despois de moito falar, investigar e escoitar, agora toca xogar un pouquiño con este recurso do Ministerio de Educación e Ciencia sobre os medios de comunicación (algúns son moi complexos, pero o da radio por exemplo é moi visual e pódeno facer sen problema).


domingo, 9 de febrero de 2014

O noso "rincón buscón"

Coa axuda das nosas familias estamos aprendendo moito dos medios de comunicación. Eles están colaborando con nós falándonos de algúns medios de comunicación antigos e actuais e traendo á escola algúns medios que temos na nosas casas, como por exemplo: teléfonos, xornais, cartas, revistas, walkis, cámaras de foto, cámaras de vídeo, ordenadores... a verdade é que nos está quedando moi moi completo e estamos aprendendo moito das achegas dos compañeiros xa que os probamos e investigamos todos (incluso intentamos comunicarnos con walkis dende o piso de abaixo, ata que perdeu o sinal).
Mirade como traballamos e como aprendemos.

sábado, 8 de febrero de 2014

Os periodistas fan...

A próxima semana imos falar sobre os periódicos e sobre a radio e tamén imos ter un par de visitas de persoas relacionadas con estes medios de comunicación. Por isto estamos traballando moito na clase para poder facerlles moitas preguntas.
Algunha das cousas que fixemos foi ver esta reportaxe:

miércoles, 5 de febrero de 2014

Xogando cos medios de comunicación

Preme na imaxe para acceder a un liim moi interesante sobre os medios de comunicación.

http://recursosauladeapoyo.blogspot.com.es/2013/02/edilimlos-medios-de-comunicacion.html


A entrevista

Hoxe na escola estivemos falando dos medios de comunicación e da importancia destes para aprendermos as cousas que suceden no mundo e como é a xente que nos rodea.
Para isto estivemos falando máis concretamente dun modelo xornalístico que é a entrevista. Estivemos aprendendo como se fai e estivemos probando entre nós. Gustounos moito a experiencia e imos seguir practicando co noso contorno, sempre e cando nos deixen.





 

martes, 4 de febrero de 2014

Os medios de comunicación

Esta semana imos empezar un novo proxecto sobre os medios de comunicación. E para empezar a traballar un xogo de Pelayo.

http://nea.educastur.princast.es/repositorio/RECURSO_ZIP/2_1_ibcmass_u22/index.html

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...