venres, 27 de setembro de 2013

Como se forma a chuvia

E a seguir investigando. Quen sabe como se forma a choiva?

xoves, 26 de setembro de 2013

Xogar a pensar con Arcimboldo

Esta semana na nosa hora de Xogar a Pensar estivemos vendo unha obra de Giuseppe Arcimboldo que nos impactou moito.
A obra titúlase "outono" e é moi significativa do estilo de Arcimboldo e tamén do outono que acaba de empezar.

Se queredes ver máis cadros de Arcimboldo premede na imaxe.






E para xogar a pintar como Arcimboldo aquí vos deixamos esta ligazón:


O neno do no e a auga

A mamá de Roi tróuxonos hoxe este conto que nos gustou moito. Agardamos que a vós tamén.

mércores, 25 de setembro de 2013

O noso novo proxecto

Hoxe empezamos a traballar no noso novo proxecto "a auga" e non se nos ocorre mellor forma de empezar que cantando unha canción sobre a auga. E como din "os nenos" onde máis auga hai é.... NO MAR.


luns, 23 de setembro de 2013

Xa estamos en Outono

Xa é oficial, o verán rematou e tras el chega O OUTONO.
Así que hoxe na nosa clase empezamos a traballar a nova estación con moitas ganas e botamos man de algúns recursos que a rede nos ofrece e que aquí vos deixamos para seguir xogando e mirando na casa. 

Para empezar aquí podedes ver unha presentación de fotos típicas do outono que ten como música de fondo "O Outono" de Vivaldi.

 

Aquí temos unha actividade lim sobre o outono para aprender moitas cousas.


Tamén estivemos lendo algunhas poesías do outono e imos intentar aprender algunha, aquí vos deixamos algunhas mostras.




Nesta ligazón podedes xogar a construír caras cos distintos elementos típicos do outono.


Nesta ligazón podedes practicar o voso manexo do rato barrendo as follas que caén das árbores coa chegada do outono.





E tamén unha canción do outono que nos gusta moito.




 E para traballar o outono, nada mellor que unha actividade Lim para xogar e aprender.




E como non máis e máis xogos para dominarmos as Novas Tecnoloxías dende ben pequeniños. 


E máis xogos para non aburrirnos na casa eses días de choiva.


Tamén tedes un pequeno slideshare sobre as froitas do outono en galego, castelán e inglés.



Aquí podedes xogar cos vedoques e aprender moitas cousas dos froitos do outono.

domingo, 22 de setembro de 2013

O outono

Hoxe empeza o outono, dános algo de pena porque remata o tempo de praia e de pasar todo o noso tempo coa nosa familia... pero o outono tamén ten cousas boas: volvermos á escola, xogamos cos amigos, as cores das árbores son moi bonitas, é tempo de vendima e pouco a pouco van chegando as festas que tanto nos gustan como son o magosto, o samaín.., e moitas cousas máis que iremos facendo e descubrindo cada día.
E para empezar con alegría, unha canción.



E para ir aprendendo cousiñas o noso amigo Doki fálanos das estacións.


xoves, 19 de setembro de 2013

A nosa primeira semana na clase de 5 anos

Como sabemos que vos gusta moito ver o que facemos no colexio, aquí vos deixamos unhas fotos da nosa primeira semana na escola.


luns, 16 de setembro de 2013

A galaxia das letras

Hoxe na clase estivemos aprendendo unha canción da galaxia das letras que nos gustou moito.
Aquí vola deixamos para que a poidades escoitar as veces que queirades.

sábado, 14 de setembro de 2013

A historia de Bimba

Este ano os nenos/as de 5 anos temos unha mascota na aula que se chama Bimba.
Bimba é unha cadeliña máxica que nos vai ensinar moitas cousas ao longo deste curso, por iso estivemos falando dela xa o noso primeiro día de colexio.
Aquí vos deixamos o conto de Bimba e os seus amigo para poder volver velo na aula, xa que nos gustou moito.




Se preferides, tamén podedes ler o conto premendo na imaxe seguinte:


xoves, 12 de setembro de 2013

Resumo do curso académico 2013-2014

Se premedes na imaxe podedes ver un pequeno resumo das principais características deste curso académico.

mércores, 11 de setembro de 2013

Horario

Aquí vos deixamos o noso horario, para que vexades canto imos traballar este curso.



xoves, 5 de setembro de 2013

Volvemos á escola

Como ben sabedes o mércores día 11 de setembro ás 9:10 volverémonos ver por fin despois dun longo, longuísimo verán no que case nos esquecemos uns dos outros.
E para volver coas mesmas ganas e ilusión que cando marchamos, nada mellor que volver como marchamos... cantando.



LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...