lunes, 27 de mayo de 2013

Como medra a nosa Machaon

Pouco a pouca a nosa eiruga vaise volvendo máis e máis fermosa.
Hoxe na nosa clase estivemos vendo unhas fotos de como vai ir medrando ata ser unha bolboreta fermosísima, aquí vos deixamos a ligazón por se queredes volver velas na casa.
http://observandolanaturaleza.blogspot.com.es/2012/05/ciclo-de-la-papilio-machaon.html


Mirade como medra Bonita


viernes, 24 de mayo de 2013

Xa sabemos de que se alimenta "bonita"

Despois de moito preguntar e investigar descubrimos o que come a nosa eiruga.
Non só come fiúncho (que foi onde nós a atopamos) senón que tamén come follas de cenoria ou ruda.



Así vemos nos a nosa eiruga

O outro día estivemos facendo uns debuxos de como vemos nós a nosa eiruga "Bonita".
Aquí os podedes mirar.


miércoles, 22 de mayo de 2013

A nosa nova amiga

Aquí vos deixamos a foto da nosa eiruguiña, xa sabemos que é da familia Macaon e que vai ser unha bolboreta.
Ademais xa lle puxemos nome, chámase Bonita.

lunes, 20 de mayo de 2013

Visita á Illa de Medal

Hoxe día 20 de maio fomos á illa de Medal a pasar a mañá cos nosos compañeiros/as de infantil e de primeiro ciclo de primaria.
Despois dunha longa camiñata de máis de media hora chegamos á illa, alí estivemos xogando e merendando, collemos flores, xogamos a trepar, a tirar pedras (ata que a profe nos castigaba, porque non se tiran pedras), fixemos comidas, corremos... e atopamos unha eiruga moi bonita que levamos para o colexio.
Pasámolo moi ben, definitivamente gústanos ir de excursión.


sábado, 18 de mayo de 2013

Excursión ao zoo

O pasado mércores día 15 de maio fomos de excursión ao zoo cos nosos compañeiros de 3 e 5 anos e máis coas nosas mestras.
Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas sobre os animais. A verdade é que nos gustou case todo o que nos pasou ese día de excursión; gustounos ir no autobús (e portámonos moi ben, todos quietiños no noso asento e co cinto), gustáronnos os animais (incluso as serpes), perdémoslle o medo a algúns animais (como o león), merendamos todos xuntos ao aire libre e paseamos moitísimo. O único problema que tivemos foi que á nosa amiga Zaira lle caeu a gorra no cerramento das avestruces e quedou sen ela, pero seguro que a avestruz vai estar guapísima con esa gorra rosa de Zaira.
Felicidades nenos/as por portárdesvos tan ben, así podemos volver ir de excursión o luns.


martes, 14 de mayo de 2013

Excursión ao zoo

Non vos esquezades que mañá imos ao zoo.
Temos que traer roupa cómoda, un bocata,  unha botella de auga, unha gorra e moitas ganas de aprender e pasalo ben.

Relaxación

Hoxe necesitabamos relaxarnos moito (debe ser pola excursión) e a profe púxonos isto:

lunes, 13 de mayo de 2013

Que sabemos de Roberto Vidal Bolaño?

E para irmos aprendendo cousiñas de Roberto Vidal Bolaño, que vos parece se empezamos xogando?



Preme nas imaxes para acceder ás actividades Lim do Seminario Galan e o CEIP Mallón e empezar a xogar.



domingo, 12 de mayo de 2013

Semana das Letras Galegas

Como ben sabedes esta é a semana das letras galegas, que este ano se adica a Roberto Vidal Bolaño.
Aquí vos deixamos unha presentación que nos fala sobre o autor homenaxeado.



sábado, 11 de mayo de 2013

Visita ao zoo

Como xa saberedes imos ir ao zoo. Así que para irnos facendo unha idea, aquí vos deixamos unha ligazón á súa web e algunha información máis.







martes, 7 de mayo de 2013

O sistema dixestivo

Esta semana imos traballar un pouquiño sobre o sistema dixestivo.
Aquí vos deixamos algunhas cousas que vemos no colexio.
Algún vídeo:




O noso clásico de Érase unha vez a vida.


E tamén algún xogo:

E algunha canción, que é o que máis nos gusta, sobre os alimentos.


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...