xoves, 11 de abril de 2013

Sesión de masaxes

O mércores fixemos a nosa particular sesión de masaxes e gustounos moito.
Todos os nenos/as traballaron moi ben e preocupáronse porque a súa parella gozase o máis posible da masaxe.
Ademais vestímonos e espímonos nós sós. A iso se debe que tivésemos algúns problemiñas coa roupa despois; se alguén ten algo na súa casa que non sexa del que o traia á escola canto antes para poder devolverllo ao dono. Moitas grazas.
Por razóns evidentes non vou colgar aquí as fotos, se algún papá ou mamá está interesado en velas avisádeme e envíovolas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...