lunes, 29 de abril de 2013

O aparato respiratorio

Aquí vos deixamos unha pequena explicación do aparato respiratorio (é moito para os pequnenos pero as imaxes son moi clara e hai cousas que si entenden).



Este xogo explícanos as partes do aparato respiratorio




jueves, 25 de abril de 2013

O corazón

Hoxe o noso amigo Pablo foi ao cardiólogo e cando chegou ao colexio estívonos contando o que lle fixeran. Gustounos tanto a súa exposición que decidimos empezar a estudiar o corazón e o sistema sanguíneo. Aquí vos deixamos algúns xogos e algunha información sobre isto.

 

Aquí vos deixamos un vídeos sobre o funcionamento do corazón, é un pouco complexo na explicación, pero as imaxes son moi boas.



E tamén temos o vídeo de Érase una vez la vida:



E outro sobre o sangue:

O esquelete

O profe Juan de 2º ciclo fixo esta actividade LIM para os seus alumnos/as, gustounos moito e hai algunhas cousiñas que xa podemos facer nós sós. Agardamos que vos guste e grazas polo traballo profe Juan.

martes, 23 de abril de 2013

O quixote


Hoxe estivemos mirando un anaquiño de Don Quixote.

Felíz día do libro

Preme na imaxe para escoitar a canción de Mamá Cabra sobre os libros e a lectura.


lunes, 22 de abril de 2013

Cantares dende Ponte Sampaio

Aquí vos deixamos unha grabación audiovisual que fixemos no colexio para conmemorar o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos.
Agardamos que vos guste, a nós gustanos moitísimo porque a fixemos no colexio entre todos os profes e nenos e nenas.
Grazas a todos, e tamén grazas aos papás e mamás por dar a súa autorización para poder facelo.

viernes, 19 de abril de 2013

Brazo de Gitano

Hoxe a nosa profe estaba de cumple e tróuxonos un brazo de gitano. Nós non lle fixemos caso e dixémoslle que era mentira que iso era un pastel, non un brazo; menos mal que despois Pablo dixo que si que era un brazo de gitano que a súa avoa tamén os facía. Porque nós da profe moito moito non nos fiamos.



lunes, 15 de abril de 2013

O esquelete

Esta semana imos falar do noso esquelete, así que imos empezando a traballar sobre o tema coa axuda da profe e dos nosos pais.

 

viernes, 12 de abril de 2013

Pés descalzos

O outro día na escola estivemos xogando cos nosos pés e experimentando con eles, para andar descalzos, para falar con eles, para disfrazalos, convertelos en personaxes de conto... foi moi divertido.
Aquí vos deixamos as fotos, agardamos que vos gusten.

jueves, 11 de abril de 2013

Sesión de masaxes

O mércores fixemos a nosa particular sesión de masaxes e gustounos moito.
Todos os nenos/as traballaron moi ben e preocupáronse porque a súa parella gozase o máis posible da masaxe.
Ademais vestímonos e espímonos nós sós. A iso se debe que tivésemos algúns problemiñas coa roupa despois; se alguén ten algo na súa casa que non sexa del que o traia á escola canto antes para poder devolverllo ao dono. Moitas grazas.
Por razóns evidentes non vou colgar aquí as fotos, se algún papá ou mamá está interesado en velas avisádeme e envíovolas.


Que importante é poder ver

O martes na escola estivemos "xogando" a cegos e lazarillos. Foi unha experiencia moi enriquecedora, xa que cando non se ve é difícil andar, e máis aínda correr como querían os nosos compañeiros/as.
Despois de intentar pasear polo colexio coa axuda do noso "lazarillo" e de non levar demasiados golpes, estivemos facendo un debuxo da sesión, e máis tarde xogamos a adiviñar que eramos só polo sentido do tacto, sen vista nin oído.
Aquí vos deixamos unhas fotos da sesión.
 cegos e lazarillos on PhotoPeach

miércoles, 10 de abril de 2013

Xogando a pensar con arte

Hoxe na nosa clase de Xogar a Pensar con Arte estivemos vendo, falando, pintando, divagando... sobre un cadro de Francisco de Goya: La maja desnuda.
Foi moi interesante e apendemos moito.


jueves, 4 de abril de 2013

Máis vídeos do corpo

Aquí vos deixamos outro vídeo moi interesante sobre o corpo humano que estivemos vendo hoxe.

 

martes, 2 de abril de 2013

Día internacional do libro infantil

O Día Internacional do Libro Infantil celébrase, dende 1967, o 2 de abril con actividades dirixidas a fomentar a lectura entre o público máis pequeno.
Esta efemérides recorda o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, autor de algúns dos contos infantís máis célebres da historia. Con motivo desta conmemoración cada ano un país membro do IBBY elabora o cartel anuciador cunha mensaxe dirixida a todos os nenos e nenas do mundo; este é o deste ano.


Algúns dos contos de Andersen que hoxe imos ler ou ver na nosa aula para celebrar esta data tan importante son: o parruliño feo, o soldadiño de chumbo, o traxe novo do emperador, a raíña das neves, o abeto, a sereíña...





LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...