sábado, 30 de marzo de 2013

Príncipes e princesas

A próxima semana a nosa encargada vainos falar de príncipes e princesas, así que para ir dándolle unha visión distinta a habitual aquí temos algunhas versións distintas das mesmas historias. Porque os anos pasan e os príncipes e as princesas tamén.

 


viernes, 22 de marzo de 2013

A lavar os dentes

Hoxe tivemos unha visita na nosa clase, veu compartir con nós a súa experiencia Kati, que é hixienista dental.
Kati estivo falando moito connosco dos dentes, das moas, do Ratón Perez e de como coidar os nosos dentes para que non teñan caries.
Encantounos a visita e aprendemos un montón.


jueves, 21 de marzo de 2013

O tensiometro

Hoxe o noso amigo Iker tróuxonos un tensiómetro e estivémolo probando, pasámolo xenial e mirade os nosos resultados.
Resulta que todos estamos ideais, menos Pablo e a profe que están un pouco altos e máis algúns nenos que parece ser que teñen arritmias, segundo o noso tensiómetro.



martes, 19 de marzo de 2013

Os sete barbudos

Hoxe fomos ao teatro para ver a posta en escea do conto "Os sete barbudos".
Gustounos moito a experiencia, se ben non sabemos que nos gustou máis, se o teatro en si ou o feito de ir en autobús.
O único problema que tivemos foi que a nosa amiga Xiana vomitou no autobús, e que merendamos tardísimo e tiñamos moita fame.
Mirade se non gustou ir ao teatro que ata estamos dispostos a volver a dar ese longo paseo para volver coller o autobús aló arriba.

Vídeos sobre as enfermidades

Aquí vos deixamos algúns episodios de debuxos nos que os nosos amigos/as están enfermiños.

Aquí Caillou ten a varicela.



Agora é a amiga de Caillou e a que padece diabete.




Nesta capítulo a Caillou dóelle o oído.

 

viernes, 15 de marzo de 2013

Vídeo sobre o corpo

Aquí vos deixamos un vídeo sobre o corpo que nos gustou moito, esperamos que a vós tamén.


Visita ao centro de Saúde

O pasado mércores día 13 de marzo visitamos o centro de saúde de Pontesampaio.
Unha vez alí e despois dunha longa camiñata atopamonos á nosa amiga Candela que estaba enfermiña na súa casa, e logo de saudala pasamos a coñecer á doutora e a súa consulta.
Tivemos que agardar un anaquiño na sala de espera pero portámonos xenial (tanto que a doutora nin se decatara de que xa estabamos alí), despois a doutora ensinounos o seu despacho, o despacho do enfermeiro (que nese momento non estaba na consulta) e máis o cuarto onde se garda o material.
A doutora portouse moi ben con nós e despois de ensinarnos os aparellos todos e a súa utilidade aínda nos fixo un agasallo que levamos todos contentos para a nosa casa para xogar alí aos médicos.
No camiño de regreso atopámonos cos papás dunha nena do colexio (Érika) que nos deron caramelos; e pouco a pouco fomos regresando á escola onde xa nos esperaban os nosos papás e mamás.




jueves, 14 de marzo de 2013

Imos ter unha irmanciña

Hoxe no colexio estivemos falando dos bebés e das barrigas das mamás. E ademais de velos en directo tamén nos puxo a profe algúns vídeos sobre o tema.
Aquí vos deixamos unhas fotos dos nosos bebés.












miércoles, 13 de marzo de 2013

A educación dos nosos días

A EDUCACIÓN HOXE

O importante nas aulas é cultivar esa capacidade para buscar o que é significativo, e estar sempre dispostos a cuestionar se estamos no camiño correcto. Diso, é do que debe tratar a educación, xa sexa usando computadores e Internet ou lapis, papel e libros. Noam Chomsky

Ilustración de Quino

miércoles, 6 de marzo de 2013

Como traballamos

O noso novo proxecto vai a unha velocidade impresionante, mirade cantas cousiñas temos xa na nosa clase.


A lavar os dentes

Hoxe na escola estivemos falando das partes da nosa cara, e como non apareceron os nosos dentes e estivemos falando moitísimo sobre eles, sobre o importante que é lavalos despois de cada comida e sobre que nos van caer os nosos dentiños de leite.
Aquí vos dixamos algunhas cancións sobre o tema.



Xogos sobre o corpo humano

Aquí vos deixamos algúns xogos interactivos para aprendermos máis cousiñas do noso corpo.












martes, 5 de marzo de 2013

O noso novo proxecto

Esta semana empezamos a traballar o proxecto do noso corpo por dentro e por fóra.
Despois de facer a recollida de ideas previas e de falar sobre que cousiñas  queremos aprender, estivemos facendo a nosa primeria pescuda en internet.
Aquí vos deixamos unha pouquiña información que atopamos.



domingo, 3 de marzo de 2013

Salón do libro

Esta fin de semana inaugurouse en Pontevedra o Salón do Libro Infantil e Xuvenil.
Durante a  súa celabración (do 2 ao 23 de marzo) realízanse numerosas actividades para os máis pequenos (contacontos, obras de teatro, concertos...) ademais dunha exposición permanente de traballos escolares e de numerosos libros.
Dende aquí quero convidarvos a todos a visitala porque é moi enriquecedora para os nenos e nenas, e se podedes botádelle unha ollada antes ao programa para ver que actividades vos interesan máis; podedes acceder á programación en www.salondolibro.org ou premendo na seguinte imaxe.


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...