miércoles, 18 de diciembre de 2013

Obradoiro de adornos de Nadal

Estes días na escola estamos preparando a chegado do Nadal, e con tal motivo fixemos un obradoiro de adornos de Nadal cos demais nenos/as de infantil.
Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades que ben nos quedaron os caxatos e as grilandas.

miércoles, 11 de diciembre de 2013

O noso libro das froitas

Aquí vos deixamos unha presentación do que foi a nosa semana da froita, para que vexades cantas froitas coñecemos e cantas froitas nos gusta comer.

 

Etiquetas

Se premedes na etiqueta de Nadal que aparece máis arriba podedes atopar máis xogos e cancións sobre o Nadal. Agardamos que vos gusten

lunes, 2 de diciembre de 2013

Máis panxoliñas para este Nadal

Máis panxoliñas

Ou estas:


Panxoliña de Nadal

Esta semana imos escoller a nosa panxoliña de Nadal para cantar no festival, así que estamos escoitando moitas; que vos parecen estas?



 

martes, 26 de noviembre de 2013

Fun ao mercado...

Que ben o pasamos no mercado cosas nosas profes.


viernes, 22 de noviembre de 2013

miércoles, 20 de noviembre de 2013

martes, 19 de noviembre de 2013

Algunhas cancións

Aquí vos deixamos algunhas cancións que nos gustan sobre os alimentos e os hábitos de vida saudables.











Ímonos informar

Aquí vos deixamos un vídeo sobre hábitos de vida saudables.
<iframe width="420" height="315" src="//www.youtube.com/embed/Ggh3biRxraY?rel=0" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Os alimentos

Aquí vos deixamos unha ligazón para aprender máis cousiñas dos alimentos.

http://www.rena.edu.ve/nivelInicial/alimentos/act01.html
E unha actividade lim sobre como é unha alimentación saudable.

http://actividadeslim.blogspot.com.es/2011/02/alimentacion-saudable.html

domingo, 17 de noviembre de 2013

O noso novo centro de interese


Lembrade que durante esta semana as nosas merendas van ser unicamente de froita.
A froita que queirades pero imos merendar froita todos os días, e canto máis variada sexa moito mellor.

miércoles, 6 de noviembre de 2013

Máis cousiñas do medo

Co gallo do Samaín empezamos a traballar o medo no colexio, e aínda seguimos. Así que á espera da celebración da nosa festa do medo seguimos traballando sobre este centro de interese que tanto nos gusta.
Nesta ocasión é o profe Raúl o que nos preparou un glogster que aglutina moitas cousiñas relacionadas co Samaín.
Premede en cada un dos obxectos para despregar todos os recursos que están agochados.

lunes, 4 de noviembre de 2013

As cancións das vogais

Hoxe na clase estivemos escoitando as cancións das vogais do país das letras.
Aquí volas deixamos para poder oílas na casa.

UUUUUUUUUUU uuuuuuuuuu
 

AAAAAAAAAA aaaaaaaaa
 

IIIIIIIIIIiiiiiiiiii
 

OOOOOOOOoooooooo
 

EEEEEEEeeeeeeee
 

 E AGORA TODAS XUNTAS
 

As vogais

Como ben sabedes, este ano estamos esforzándonos moito por aprender as letras e xa coñecemos todas as vogais.
Para repasalas un pouquiño e aprender xogando empregamos algúns xogos, como os que vos deixamos a continuación, para podermos seguir xogando na casa.

Preme na imaxe para acceder.

                                                        Preme na imaxe para acceder.


                                                    Preme na imaxe para acceder.


domingo, 3 de noviembre de 2013

Imos ler

Este ano estamos mellorando significativamente o noso proceso de adquisición da lectoescritura.
E por se queredes ir lendo na casa aquí vos deixamos unha ligazón a un libro para irmos aprendendo as letras unha a unha.

Preme na imaxe para acceder

viernes, 1 de noviembre de 2013

Primeira entrega do Samaín

No noso colexio este ano o Samaín vai durar unha semaniña máis. E mentres agardades a que a profe acabe de subir as fotos da celebración deste venres e prepare a conmemoración da vindeira semana, aquí vos deixamos unha ligazón a unha noticia que fala de nós e algunhas das nosas fotos na escola.


lunes, 28 de octubre de 2013

O monstrexo

E como xa falta pouco pouco para o Samaín  imos ver unha curta de "medo".



The Monstrejo from Pep Lluis Llado on Vimeo.

Xogo de Samaín

E seguimos aprendendo cousiñas do Samaín. Aquí tedes unha actividade lim moi interesante e moi adecuada para a lectoescritura.

domingo, 27 de octubre de 2013

Contos do Samáin

Aquí podedes ver algún dos contos do Samaín que estamos traballando na clase, agardamos que vos gusten porque a nós encantáronnos.




Open publication - Free publishing


E outro conto do Samaín e a festa de disfraces.


viernes, 25 de octubre de 2013

Conto do Samaín

Estivemos vendo un conto do Samaín que nos gustou moito. Aquí volo deixamos para velo na casa.

martes, 22 de octubre de 2013

Experimentos coa auga

O que máis nos gustou do proxecto da auga era cando as mestras nos deixaban experimentar con ela.
 Así falamos e buscamos onde había auga e cales eran os estados nos que a podiamos atopar.
Tamén xogamos a facer mesturas. Primeiro fixemos un estudo das nosas ideas previas e despois procedemos a desenvolvelas e mesturamos auga con sal, con aceite, con mel, con azucre, con plastilina... e observamos como o resultado era distinto entre uns materiais e outros, pois algúns disolvíanse pero outros non, algúns "desaparecían" na auga e outros cambiábanlle a cor... foi moi entretido. Pero o mellor foi o da plastilina, xa que se a deixas en auga un día, ó día seguinte pódela empregar para pintar.
Outro día observamos cantas formas tiña a auga de caer e que sucedía cando caía moi forte e a moita velocidade... era así como se producía a electricidade que nos dixera Iker.


lunes, 21 de octubre de 2013

O noso proxecto "a auga"

Agora que o noso proxecto está a piques de rematar porque chega o SAMAIN ímosvos contar como se foi desenvolvendo.
O primeiro que fixemos foi unha posta en común sobre o que sabiamos da auga, o que queríamos saber, onde iamos buscar a información e o que íamos facer con ela unha vez tivésemos todas as respostas.
Unha vez superado este primeiro momento de traballo en gran grupo o que fixemos foi pedirlle axuda e información aos nosos papás e mamás que saben moito de todo, e trouxéronnos moitas cousas ao colexio para velas cos amigos/as e tamén a Manuelita e a Rosita.
E logo... empezamos a "estudar", "experimentar", "investigar"... primeiro observamos a auga e as súas propiedades. E xa sabemos que non ten cor (incolora), nin sabor (insípida), nin olor (inodora).

miércoles, 16 de octubre de 2013

Maís cousiñas da auga

O profe Juan (de 4º de EP) fixo un lim moi bonito sobre a auga e o seu aproveitamento, e nós somos tan listos que hai moitas cousas que xa somos quen de facer.
Aquí volo deixamos para que poidades seguir traballando na casa.


martes, 15 de octubre de 2013

O ciclo da auga

Estivemos vendo na aula en que consistía o ciclo, logo estivemos esperimentando no ximnasio e por último vemos unha animación de como ten lugar e aprendemos unha canción.

Fai clik na imaxe para ver a simulación

lunes, 14 de octubre de 2013

Máis cousiñas sobre a auga

Estámonos esforzando moito por aprender todo o posible sobre a auga e como mellor aprendemos é xogando e experimentando. Aquí vos deixamos un vídeo e un xogos de Pelayo sobre a auga.

domingo, 13 de octubre de 2013

jueves, 10 de octubre de 2013

Unha curta de animación

Hoxe miramos unha curta sobre a auga do mar que nos gustou moito.

miércoles, 9 de octubre de 2013

Xogando coa auga

Premendo na imaxe podedes acceder a un xogo sobre a auga moi interesante.



domingo, 6 de octubre de 2013

MIckey xoga coa auga

No colexio non temos moito tempo, pero como nos gusta moito aprender cousiñas da auga e nos gusta máis aínda ver a Mickey Mouse, aquí vos deixamos un capítulo de Mickey de "Aventuras na auga".

 

jueves, 3 de octubre de 2013

O ciclo da auga

Como xa sabemos moitas cousas sobre a auga, agora tócanos investigar sobre o ciclo da auga.
Aquí temos un xogo para aprender xogando.

Caillou aforra auga

Agora que que xa imos sabendo máis cousiñas da auga temos que aprender como coidala; e que mellor forma que co noso amigo Caillou.


miércoles, 2 de octubre de 2013

Fixemos burbullas

Xiana fixo un experimento na casa coa súa mamá para ver como o aceite flotaba na auga e nunca chegaban a mesturarse, xa que o aceite é máis denso que a auga.
Nós probamos un pouquiño máis e botamos un pouco sal enriba para ver que sucedía. Que pensades que pasou?

A canción de Narigota

Como nos gusta Narigota, aquí está a súa canción.

martes, 1 de octubre de 2013

Explorando con Narigota

Aquí podedes ver uns debuxos educativos para aprender máis sobre a auga que non vemos coa nosa amiga Narigota.

 

viernes, 27 de septiembre de 2013

Como se forma a chuvia

E a seguir investigando. Quen sabe como se forma a choiva?

jueves, 26 de septiembre de 2013

Xogar a pensar con Arcimboldo

Esta semana na nosa hora de Xogar a Pensar estivemos vendo unha obra de Giuseppe Arcimboldo que nos impactou moito.
A obra titúlase "outono" e é moi significativa do estilo de Arcimboldo e tamén do outono que acaba de empezar.

Se queredes ver máis cadros de Arcimboldo premede na imaxe.






E para xogar a pintar como Arcimboldo aquí vos deixamos esta ligazón:


O neno do no e a auga

A mamá de Roi tróuxonos hoxe este conto que nos gustou moito. Agardamos que a vós tamén.

miércoles, 25 de septiembre de 2013

O noso novo proxecto

Hoxe empezamos a traballar no noso novo proxecto "a auga" e non se nos ocorre mellor forma de empezar que cantando unha canción sobre a auga. E como din "os nenos" onde máis auga hai é.... NO MAR.


lunes, 23 de septiembre de 2013

Xa estamos en Outono

Xa é oficial, o verán rematou e tras el chega O OUTONO.
Así que hoxe na nosa clase empezamos a traballar a nova estación con moitas ganas e botamos man de algúns recursos que a rede nos ofrece e que aquí vos deixamos para seguir xogando e mirando na casa. 

Para empezar aquí podedes ver unha presentación de fotos típicas do outono que ten como música de fondo "O Outono" de Vivaldi.

 

Aquí temos unha actividade lim sobre o outono para aprender moitas cousas.


Tamén estivemos lendo algunhas poesías do outono e imos intentar aprender algunha, aquí vos deixamos algunhas mostras.




Nesta ligazón podedes xogar a construír caras cos distintos elementos típicos do outono.


Nesta ligazón podedes practicar o voso manexo do rato barrendo as follas que caén das árbores coa chegada do outono.





E tamén unha canción do outono que nos gusta moito.




 E para traballar o outono, nada mellor que unha actividade Lim para xogar e aprender.




E como non máis e máis xogos para dominarmos as Novas Tecnoloxías dende ben pequeniños. 


E máis xogos para non aburrirnos na casa eses días de choiva.


Tamén tedes un pequeno slideshare sobre as froitas do outono en galego, castelán e inglés.



Aquí podedes xogar cos vedoques e aprender moitas cousas dos froitos do outono.

domingo, 22 de septiembre de 2013

O outono

Hoxe empeza o outono, dános algo de pena porque remata o tempo de praia e de pasar todo o noso tempo coa nosa familia... pero o outono tamén ten cousas boas: volvermos á escola, xogamos cos amigos, as cores das árbores son moi bonitas, é tempo de vendima e pouco a pouco van chegando as festas que tanto nos gustan como son o magosto, o samaín.., e moitas cousas máis que iremos facendo e descubrindo cada día.
E para empezar con alegría, unha canción.



E para ir aprendendo cousiñas o noso amigo Doki fálanos das estacións.


jueves, 19 de septiembre de 2013

A nosa primeira semana na clase de 5 anos

Como sabemos que vos gusta moito ver o que facemos no colexio, aquí vos deixamos unhas fotos da nosa primeira semana na escola.


lunes, 16 de septiembre de 2013

A galaxia das letras

Hoxe na clase estivemos aprendendo unha canción da galaxia das letras que nos gustou moito.
Aquí vola deixamos para que a poidades escoitar as veces que queirades.

sábado, 14 de septiembre de 2013

A historia de Bimba

Este ano os nenos/as de 5 anos temos unha mascota na aula que se chama Bimba.
Bimba é unha cadeliña máxica que nos vai ensinar moitas cousas ao longo deste curso, por iso estivemos falando dela xa o noso primeiro día de colexio.
Aquí vos deixamos o conto de Bimba e os seus amigo para poder volver velo na aula, xa que nos gustou moito.




Se preferides, tamén podedes ler o conto premendo na imaxe seguinte:


jueves, 12 de septiembre de 2013

Resumo do curso académico 2013-2014

Se premedes na imaxe podedes ver un pequeno resumo das principais características deste curso académico.

miércoles, 11 de septiembre de 2013

Horario

Aquí vos deixamos o noso horario, para que vexades canto imos traballar este curso.



jueves, 5 de septiembre de 2013

Volvemos á escola

Como ben sabedes o mércores día 11 de setembro ás 9:10 volverémonos ver por fin despois dun longo, longuísimo verán no que case nos esquecemos uns dos outros.
E para volver coas mesmas ganas e ilusión que cando marchamos, nada mellor que volver como marchamos... cantando.



lunes, 2 de septiembre de 2013

lunes, 29 de julio de 2013

A nosa nova clase

O vindeiro curso xa imos ser os nenos/as de 5 anos, e imos ir para o piso de arriba cos maiores.
A profe estivo aproveitando o mes de xullo para ir poñendo a clase ao seu gusto, espero que vos guste e que o proximo curso pasemos unhas horas moi enriquecedores nela, cheas de bos momentos (e algún que outro castigo, supoño).
Feliz verán.


lunes, 22 de julio de 2013

POR FIN

Dende o día 20 de maio que a atopamos na nosa excursión á Illa de Medal fomos vendo como medraba e medraba a nosa pequena amiga, e como pouco a pouco facía a súa crisalidas; para que ao fin, despois dun longo tempo de espera, o día 21 de xullo pola mañá ben cedo naceu a nosa Papilio Machao "Bonita", e mirade se é bonita.

jueves, 18 de julio de 2013

27 cousas que os nenos/as deberían facer antes dos seis anos

A continuación deixámosvos unha lista de 27 cousas que todos os nenos/as deberían ter experimentado antes dos 6 anos. Está redactada por uns educadores das escolas infantís verdes danesas e parecéronnos moi interesantes, pero algunhas con coidado, e tende conta que os vosos nenos/as aínda teñen tempo para facelas todas.
Feliz verán




viernes, 28 de junio de 2013

Revista escolar.

Aquí vos deixamos unha ligazón á nosa revista escolar para que a poidades ver a toda cor.

Preme na imaxe para acceder

miércoles, 19 de junio de 2013

A nosa maleta

Despois de pasar por todas as nosas casas, a nosa maleta viaxeira voltou ao colexio.
Aquí tedes as nosas producións, que fixemos con axuda dos nosos papás e mamás.

martes, 18 de junio de 2013

Fin de curso

A estas alturas de curso necesitamos un pouquiño de desconexión e relax.
Agardo que vos guste peques.

miércoles, 12 de junio de 2013

Ensaios do festival

Nestes últimos días de curso estamos inmersos na preparación da nosa actuación no festival e na elaboración das nosas carpetas para levar á casa.
Aquí vos deixamos un par de fotos dos nosos ensaios, pero só dúas que non queremos estragar a sorpresa.




Xa temos crisalida

Por fin a nosa eiruga se converteu en crisálida. É moi bonita, e agora está como durmida así que a profe non nos deixa estar moito con ela.

martes, 4 de junio de 2013

Xornada de portas abertas

O luns día 3 de xuño viñeron ao noso colexio os nenos/as que van empezar no "cole dos maiores" o próximo curso e nós recibímolos cos brazos abertos.
Xogamos moito con eles e ensinámoslle cousiñas do noso colexio, ademais deunos tempo a pintar, a xogar e a merendar todos xuntos antes de ir ao patio.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...