jueves, 29 de noviembre de 2012

Cousiñas para o Nadal

Aquí vos deixamos unha actividade lim coa que estivemos traballando na clase sobre o Nadal.





miércoles, 28 de noviembre de 2012

Sal e azucre

Hoxe na nosa hora de animación á lectura estivemos lendo o conto de Sal e azucre. Aos nenos/as gustoulles moito así que aquí vos deixo unha ligazón á película do conto.


E unha ligazón a un power-point do mesmo conto.



Tamén podedes escoitar aquí a canción do conto.

video

martes, 27 de noviembre de 2012

Panxoliña de Nadal

Pouco a pouco o Nadal estase achegando así que no cole xa estamos empezando a preparar algunhas cousiñas, unha delas unha panxoliña de Nadal para cantar o último día de cole antes de que veña Papá Noel. Aquí vola deixamos para ver se vos gusta.


 E por se vos gusta máis outra versión de Juanes.

 

viernes, 23 de noviembre de 2012

Visita da familia de Antonio

A semana que Antonio foi o noso encargado viñéronnos visitar os seus papás (Fabián e Lupe).
Con Lupe e Fabián lemos un conto de Teo e a súa familia porque a Antonio lle encantan os contos de Teo e despois fixemos unha tarxeta de Nadal para os nosos pais; primeiro pintámola e logo botámoslle brillantina e estrelas para que fose ben bonita (os máis atrevidos despois de facer a tarxeta metéronse debaixo da mesa para ver se de verdade brilaba).
Despois de facer a tarxeta déronnos unhas chuches e máis unha carta para escribirlle aos reis.
Gustounos moito a vosa visita e pasámolo moi ben, sobre todo coa brillantina e a purpurina e estamos esperando a que a profe nos lea ese conto que nos deixastes de Papá Noel, que en realidade é un calendario de Adviento.
Lamentamos moito a hora da visita porque coas présas de recoller e colocar non nos deu tempo de despedirvos como vos merecedes. Un bico dende aquí e moitas grazas por compartirdes o voso tempo con nós.

jueves, 22 de noviembre de 2012

Degustación de froitos do Outono

O pasado martes día 20 de Novembro fixemos a nosa particular degustación de froitos típicos do Outono.
Estivemos degustando froitos secos (como as améndoas, as noces, as abelás...) e froitos carnosos (como o caqui, o kiwi, a mandarina, a granada...) e a verdade é que foi moi interesante xa que todos probamos todos os froitos e froitas (algúns gustáronnos e outros non) e tocámolos, mirámolos... e aprendemos un montón.

miércoles, 21 de noviembre de 2012

Visita da familia de Edu

A semana que Edu foi o noso encargado veunos visitar a súa mamá, Sonia, e ademais de ensinarnos unha historia de como era Papá Noel de pequeno, fixemos unha manualidade para poñer a nosa casa ben bonita cando chegue o Nadal.
O conto que estivemos mirando foi o seguinte:



E despois de velo puxémonos a traballar: primeiro Sonia deunos uns vasos de poliespán e empezamos a pintalos, só tiñamos que pintalos un pouquiño para que quedasen moi ben feitiños, pero a verdade é que en canto nos dan un pincel e témpera perdemos a perspectiva e aquilo parecía de todo menos un boneco de neve. Aínda así quedáronnos moi bonitos e iso de desenvolver a nosa creatividade cada día dásenos mellor.
Despois de pintar o boneco e deixalo secar puxémoslle o gorro ou as orelleiras e xa para rematar miramos un vídeo que Papá Noel lle enviou a Edu.
Gustounos moito a túa visita Sonia e aprendemos cousiñas do Nadal, que pouco a pouco e case sen decatarnos está chegando.
Moitas grazas por vir visitarnos e por pasar o teu tempo connosco, encántannos as vosas visitas.





Premede na imaxe para acceder á presentación das fotos da visita.

Se vós tamén queredes prepararlles aos vosos fillos/as un vídeo personalizado de Papá Noel, na seguinte ligazón podedes facelo:


martes, 20 de noviembre de 2012

Máis recursos do outono

Aquí podedes xogar cos vedoques e aprender moitas cousas dos froitos do outono.

Feliz día do neno

Aquí podedes ver o Poema "La sonrisa de un niño" de Marielena Rondiel coa música de "Coraczón de Niño" de Raúl Diblasio.




domingo, 18 de noviembre de 2012

Degustación de froitos do Outono

Se nada nolo impide o vindeiro martes imos realizar unha degustación de algúns froitos típicos do Outono.
Así que para ir empezando aquí vos deixamos unha presentación de froitos do Outono.

viernes, 16 de noviembre de 2012

Visita da familia de Mell

A semana que Mell foi a nosa protagonista veunos visitar o seu pai, Maxi, e contounos un conto que nos gusta moito.
O primeiro que fixo foi presentarse, xa que moitos de nós non o coñecíamos, logo contounos en que traballa e que cousas lle gustaban. Máis tarde leunos o conto dos sete cabritos e despois mirámolo tamén na pantalla.
Como nos gustou moito o conto fixémoslle un debuxo para que levase para a casa e a profe encargouse de encadernalos todos xuntos.
Pasámolo moi ben e gustounos moito o conto, moitas grazas Maxi pola túa visita.


martes, 13 de noviembre de 2012

A nosa canción dos trens

Aquí podedes oír a canción que máis nos gustou dos trens, lamento a propaganda.

 

domingo, 11 de noviembre de 2012

Festexamos o magosto

O pasado venres día 9 de novembro festexamos o magosto no colexio. A celebración durou case toda a mañá e gustounos moitos.
O primeiro que fixemos foi falar coa mestra sobre o que celebramos no magosto e logo rematar os nosos bolsos das castañas que nos quedaron moi chulos, logo fomos para o ximnasio cos outros nenos e nenas de infantil para ler un conto (pero foi imposible, con aquela música de festa nós o único que queriamos era bailar).
A iso das 12:30 saimos para o patio e estivemos xogando a distintos xogos populares: carreira de sacos, birlos... e a outros adaptados para a ocasión: zóupalle á castaña, castañazo ao profe, cocendo castañas... e despois de tanto e tanto xogar tocou comer castañas e logo das castañas nada máis e nada menos que poder mancharse coas súas cinzas.
Estivo xenial. Aquí vos deixamos un pequeno adelanto das fotos que nos publicaron no xornal (premede na imaxe para ver máis).

E tamén podedes acceder á páxina do colexio na que están todas as fotos do Magosto e do Samaín.




miércoles, 7 de noviembre de 2012

Visita da familia da profe

A semana que a profe foi a nosa protagonista viñéronnos visitar os seus fillos, Anxo e Antía.
Con eles fixemos unha pócema máxica que nos saiu xenial.
Para elaborar esta pócema necesitamos: un pouquiño de auga, tres colas de coello, cinco lagarto, dous ollos de morcego, zume de limón e un pouquiño de sangue de araña. Estaba asquerosa asquerosa, menos mal que despois dixemos as palabras máxicas "abracadabra pata de cabra" e apareceron un montón de chuches no canto de todos aqueles ingredientes que nos botaramos.


Galletas do Samaín

Outra das actividades que fixemos co gallo do Samaín foi elaborar galletas e rosquillas.
Esta actividade fixémola conxuntamente todos os nenos e nenas de educación Infantil o pasado martés, quedar quedar non nos quedaron moi bonitas pero ricas si que estaban e pasámolo xenial.


lunes, 5 de noviembre de 2012

Froitos do outono

Aquí vos deixamos unha presentación dos froitos do outono para irnos preparando, xa que pronto faremos a nosa degustación anual.


Contos do magosto

Aquí podedes ver algún dos contos que imos traballar na aula coa chegada do magosto:


domingo, 4 de noviembre de 2012

Xogos do magosto

Aquí podedes acceder a diversas actividades Lim sobre o Magosto.







Que festexamos no Magosto?

Aquí vos deixamos algunha información sobre que é o que festexamos no magosto e como o facemos.


É tempo de Magosto

O magosto está as portas, e para pasar de celebración en celebración nada mellor que unhas cancións.






LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...