miércoles, 31 de octubre de 2012

Xa celebramos o Samaín

Hoxe foi o último día deste ano no que festexamos o Samaín, e como remate de celebración nada mellor que unha festa cos amigos con chuches, música, baile e xogos.
Pasámolo xenial e fixemos moitas cousas, pero mentres a profe non acaba de subir as fotos ao blog aquí vos deixamos a ligazón do xornal no que falaron de nós.


O Samaín no CEIP de Pontesampaio

Decoramos as nosas cabazas

Entre o luns e martes estivemos decorando as cabazas que nos trouxeron os noso pais á escola.
Traballamos moito, e o máis importante traballamos en equipo para que o noso resultado fose fantástico.
Primeiro organizamos os nosos grupos de traballo, logo repartímonos as cabazas, máis tarde procedemos ao seu baleirado e xa para rematar decorámolas cun rotulador e as profes cortáronnolas.
Estas nosas cabazas usámolas despois para decorar a nosa festa do Samaín.
Quedáronnos moi moi bonitas e aos profes e aos maiores do colexio gustáronlle un montón.
Moitas grazas familias por compartir con nós as vosas cabazas.

viernes, 26 de octubre de 2012

OBRADOIRO DE CABAZAS

Non vos esquezades que precisamos da vosa colaboración para realizarmos o obradoiro de tallar cabazas.




Visita da mamá de Zaira

A semana en que Zaira foi a nosa encargada visitounos a súa mamá, Olaya.
Gustounos moito a súa visita, non só polo que aprendemos senón polo ben que sabía o resultado.
Con Olaya estivemos facendo galletas e rosquillas.
Despois de mirar a receita procedemos a abotoar os botóns para non mancharnos moito. Logo empezamos a botar os ingredientes e a revolvelos. Cando xa a masa estivo listo puxémonos a amasar e logo a facer as galletas e as rosquillas.
Traballamos moitísimo, amasamos e amasamos e amasamos (ata nos quedamos sen fariña de tanto amasar) e cando xa estiveron listas ao forno.
Esperamos con moita impaciencia o tempo no forno e con máis impaciencia aínda iso de ter que esperar a que enfríen... pero a verdade é que nos saíron boísimas e comémolas todas.
Moitas grazas Olaya pola túa visita e por ensinarnos a facer galleta e por darlle a receita aos nosos papás e mamás para que nos axuden a facelas na casa.

miércoles, 24 de octubre de 2012

Máis recursos do Samaín


Na seguinte ligazón podedes atopar unha actividade Lim sobre o Samaín.


E aquí temos tamén un xogo para practicar a baleirar cabazas:


E como nos gusta moito colorear, unha actividade para colorear:



Aquí tedes máis debuxos, neste caso o pato Donald.


E unha presentación sobre as cousas típicas do Samaín.



Samaín from aripf

Día das Bilbliotecas Escolares 2012

Con motivo da celebración do día das bibliotecas escolares, os maiores viñéronnos contar o conto de Corre, Corre cabaciña aos nenos de 3 e 4 anos.
O conto gustounos moito, pero máis aínda o feito de que os maiores teatralizasen a obra para nós.
Así querémoslle dar as grazas aos nenos e nenas de 5º curso por contarnos tan ben esta historia e por compartir o seu tempo connosco.
Aquí vos deixamos unha presentación do conto para que a poidades ver na casa e en breve exporemos tamén as fotos da sesión.


Corre corre cabaciña from charolansvilas

Tamén vos deixamos unha actividade Lim para xogar con Corre corre cabaciña.


martes, 23 de octubre de 2012

Chegou o samaín

Xa está a piques de chegar a noite do Samaín así que para ir quentando motores aquí vos deixamos algúns recursos:

Un corto de Mickey Mouse e a casa encantada (dá moito medo).



Outro corto de disney pero esta vez con Donald. Truco ou trato (está en inglés, que sempre vén ben).



E como non, Caillou tamén festexa o samaín

 



E tamén podedes atopar algunhas cancións:

Canción dos esqueletes

 

 Canción de Corre corre cabaciña

 

 E como non o conto de Corre corre cabaciña

 

 Canción de Mamá Cabra do Samaín

 

 

 E a canción de "La brujita tapita". Que non faltan as bruxas no Samaín

 

E tamén unha pequena actividade Lim para aprender cousas do Samaín.



lunes, 22 de octubre de 2012

viernes, 19 de octubre de 2012

Visita da mamá de Uxía

A semana que Uxía foi a nosa encargada veunos visitar a súa mamá (Sonia), o seu pai tamén quería pero non puido por causa do traballo, esperamos que cando lle toque a Edu ser o noso encargado, si nos poida acompañar.
Sonia tróuxonos o traxe de submarinismo do papá de Uxía e estívonolo ensinando e deixando probar e despois tamén nos ensinou un video sobre a pesca submarina que nos gustou moito.
Para rematar tamén nos agasallaron cunhas pedriñas decoradas que colleu Uxía na praia e logo decoraron xuntos na casa.
Moitas grazas Sonia pola túa visita, pasámolo xenial e aprendimos moitas cousas novas sobre a pesca submarina.


miércoles, 17 de octubre de 2012

Máis cousiñas do Outono

E para seguirmos traballando o outono, nada mellor que unha actividade Lim para xogar e aprender.


Tamén vos deixamos aquí un capítulo de Banner e Flappy sobre a chegada do outono e os froitos secos.




E para continuar un pequeno conto sobre a caída das follas:




E como non máis e máis xogos para dominarmos as Novas Tecnoloxías dende ben pequeniños. 


E máis xogos para non aburrirnos na casa eses días de choiva.


Tamén tedes un pequeno slideshare sobre as froitas do outono en galego, castelán e inglés.



Cumples de outubro

A semana pasada celebramos o aniversario dos nenos que cumpliron anos durante o mes de Outubro. Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades que ben o pasamos.
Moitas felicidades Javier, Uxía, Edu e Rosalía e moitas grazas mamás pola vosa axuda e colaboración.


martes, 16 de octubre de 2012

Como se debuxa un tren

Hoxe na clase estivemos vendo como se pode construír un tren. Aquí tedes paso a paso o vídeo que nos estivemos mirando. Agardamos que vos guste tanto como a nós.

 

Festival fin de curso

Por fin.
Aquí podedes ver unha das nosas actuacións do festival. Só vós deixo unha, pouco a pouco iremos subindo o resto das actuacións dos nenos e nenas de Educación Infantil de 3, 4 e 5 anos.

video

lunes, 15 de octubre de 2012

Esta semana a nosa protagonista é...

Zaira



Chegou o outono

Aínda que a nosa profe parece non darse conta, CHEGOU O OUTONO, e chégannos castañas e outros froitos secos por todas partes. Así que imos traballar algo o outono que xa vai tocando.
Para empezar aquí podedes ver unha presentación de fotos típicas do outono que ten como música de fondo "O Outono" de Vivaldi.
Nós estivemos xogando a debuxar a audición de Vivaldi e quedáronnos uns debuxos chulísimos desta nova estación (en breve ensinámosvolos).

 

Tamén estivemos lendo algunhas poesías do outono e imos intentar aprender algunha, aquí vos deixamos algunhas mostras.




Nesta ligazón podedes xogar a construír caras cos distintos elementos típicos do outono.


Nesta ligazón podedes practicar o voso manexo do rato barrendo as follas que caén das árbores coa chegada do outono.



Nesta ligazón podedes ir practicando para a festa do Samaín e crear unhas cabazas terroríficas.



E para rematar unha canción do outono que nos gusta moito.


jueves, 11 de octubre de 2012

As nosas rutinas

Moitos días chegamos á nosa casa e pregúntannos os nosos papás e mamás que cousas facemos no colexio. E moitas veces dicímoslles que non nos acorda.
Para evitar ese conflito familiar aquí vos deixamos unha pequena presentación desas rutinas que nós temos no colexio e facemos todos os días.
Esperamos que vos guste.

 

miércoles, 10 de octubre de 2012

Visita da familia de Javier Cabaleiro

A semana que Javier C. foi o noso encargado viñéronnos visitar os seus pais (Carlos e Rosa Ana).
Ese día trouxéronnos un montón de contos para ler e para mirar e léronnos algúns, pero non todos que eran moitos e nós rápido nos cansamos de estar sentados na alfombra.
O máis divertido veu despois.
 Xusto coincidiu que ese día Javier estaba de aniversario, cumplía nada máis e nada menos que 4 anos e os seus pais trouxéronnos unha tarta de chuches para todos nós e máis un batido de chocolate riquísimo.
Comemos moito, quizais demasiado, e pasámolo moi ben, así que para despedilos démoslle moitos bicos (pero só á súa mamá).
Moitas grazas pola vosa visita Carlos e Rosa Ana.

 

lunes, 8 de octubre de 2012

Cancións dos trens

Nas seguintes ligazóns aparecen algunhas das cancións que imos traballar co noso proxecto dos trens.


















Esta semana a nosa protagonista é ...

Uxía

miércoles, 3 de octubre de 2012

Xogos de trens

E para ir empezando a traballar nada mellor que xogar a colocar vías do tren, que non é tan fácil como parece xa que hai que saber encaixalas. Aquí vos deixo un xogo para xogar na rede na que os nenos teñen que colocar as vías do tren para poder chegar ás estacións e recoller aos pasaxeiros e pasaxeiras.


No seguinte xogo os nenos teñen que completar os vagóns do tren atendendo a unha orde dada, de tal xeito que imos traballar as cores e as formas para así podermos viaxar neste particular tren. Ademais sérvelles para mellorar o seu inglés porque o xogo está nesta lingua.


E por suposto temos a Tomas y sus amigos que nos permiten xogar moito con eles: podemos colorear as locomototas, facer parellas, construír as locomotoras, facer crebacabezas de trens, decorar os seus cobertizos, facer construcións...


Contos que teñen os trens como protagonistas

Nesta ligazón podedes escoitar un conto moi fermoso sobre un tren moi amigable que pretende traballar cos nenos a educación en valores que tanto nos preocupa nestes tempos.
Logo de escoitar e ver o conto os nenos/as poden responder unhas preguntas de comprensión sobre o mesmo.
 E xa para rematar inclúe algunhas cancións sobre o conto.


lunes, 1 de octubre de 2012

O noso novo proxecto: os trens

Hoxe decidimos na nosa clase por maioría empezar a estudar os trens. Así que mañá xa imos vir todos preparados para pórnos mans á obra e empezar a traballar con moito interese.
Para comezar co noso proxecto nada mellor que pedirlle axuda aos nosos papás e mamás para que vexan que cousiñas hai pola casa que nos poden axudar a nós a aprender moito moitísimo sobre os TRENS.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...