sábado, 29 de septiembre de 2012

O día dos trens

Onte na clase estivemos aprendendo a pensar as matemáticas cunha serie de actividades sobre os trens, e hoxe para facer máis real o noso estudo de onte, decidimos traer os nosos trens á aula; así experimentamos coa realidade e non sobre hipóteses.
Gustounos moito a experiencia e descubrimos que nos gustan moito os trens, así que imos pensar durante a fin de semana se imos querer aprender máis sobre os trens e o luns decidimos se traballamos os trens durante o mes de outubro ou non.


Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Make your own presentación

viernes, 28 de septiembre de 2012

Visita da familia de Fabiola

A semana que Fabiola foi a nosa encargada viñéronnos coñecer a súa nai (a quen en realidade xa case todos coñecíamos e ela xa nos coñecía a todos nós) e a súa avoa Rosa, que vive moi moi lonxe... nada máis e nada menos que en Barcelona.
 A Llalla Rosa (que así lle chaman Fabiola e as súas irmás) contounos moitas historias e contos, ademais de algunha anécdotas da súa vida. Ademais, entre as dúas, ensináronnos a facer maxia e contáronnos un conto.
Pasámolo moi ben xogando, imitando animais, facendo maxia, escoitando, falando... pero sobre todo encantounos coñecer á avoa de Fabiola que vive tan lonxe e que a pesar do pouco tempo que pasou aquí en Pontevedra gardou unhas horiñas para vir onda nós.
Moitas grazas pola vosa visita Palmira e Rosa, foi un pracer tervos entre nós.



martes, 25 de septiembre de 2012

Peppa Pig

Aos nenos e nenas de catro anos gústalles moito xogar e aprender cos debuxos de Peppa Pig, así que aquí vos deixo esta actividade Lim para que continúen aprendendo e xogando na casa.





lunes, 24 de septiembre de 2012

Visita da familia de Roi

A semana que Roi foi o noso protagonista veunos visitar a súa avoa Teresa que nos trouxo un conto moi bonito feito pola súa nai (Lidia) para que todos nós puidésemos gozar del.
A verdade é que nos gustou moito o conto, sobre todo cando o dragón lle queimou o cu á ovelliña.
Grazas Teresa por vir a visitarnos e moitas grazas Lidia por elaborar un conto tan feitiño.

viernes, 21 de septiembre de 2012

Aniversario de Candela, Ánxela e Mell

Esta semana celebramos o cumple das nosas amigas Candela, Ánxela e Mell.
A mamá é o papá de Candela  trouxéronnos un biscoito de chocolate, a mamá de Ánxela  tróuxonos zumes e o papá de Mell deunos unhas patacas e flocos de millo.
Estaba todo boísimo e pasámolo moi ben, tanto na comida como no baile, aínda que botamos en falta as nosas amigas Xiana e Fabiola.
Moitas felicidades chicas de 4 anos.


jueves, 20 de septiembre de 2012

O ataque de impo

O outro día lemos na clase un conto sobre un ataque de impo, e cal non foi a nosa sorpresa cando descubrimos que ningún de nós sabía cal era a súa causa, aínda que si tiñamos claro que sabiamos como curalo ou alomenos intentalo e tamén sabíamos que moitos de nós tiveramos impo algunha vez.
Despois de preguntarlle aos nosos pais e familiares e despois de falar coa profe e cos nosos amigos e amigas, xa nos quedou bastante claro que é o hipo, cal é a súa causa e como curalo.
Aquí vos deixamos algúns dos recursos que empregamos para descubrilo:












 E por suposto encantounos o conto que nos trouxeron Pablo e a súa mamá...

 

miércoles, 19 de septiembre de 2012

Horario

Aquí vos deixamos o noso horario para este curso 2012-2013, por se hai algún despistado como a nosa profe.


Lectoescritura

Como xa vos informamos na reunión de principio de curso imos empezar a traballar as letras minúsculas, así que para ir collendo ritmo podedes ir botánlle un ollo a esta actividade Lim publicada no blog "la clase de Miren".

Preme na imaxe para acceder

viernes, 14 de septiembre de 2012

BENVIDOS

Despois dun longo verán ao fin chegou a hora de volver á aula.
 Despois de falar todos un montón e de contarnos o noso verán chegamos á conclusión de que nos encantou estar de vacacións coas nosas familias pero que xa botabamos en falta estar no colexio cos nosos amigos. Tamén extrañamos moito á nosa amiga Candela que aínda está de vacacións.
 Benvidos todos (nenos, nenas, pais, nais...) a este novo curso. Esparamos pasalo moi ben todos xuntos e aprender moitísimas cousas durante os próximos meses.
Aquí vos deixamos unha presentación para que poidades ver o ben que nos sentou o verán.


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...