mércores, 23 de maio de 2012

Visita da mamá de Jose

Visita de Patri
Hoxe visitounos a mama de Jose (Patri) e ensinounos a plantar tomates e pementos.
Cando chegou a mamá de Jose estabamos esperando por ela xa na alfombra falando do que iamos facer así que puxémonos mans á obra. Primeiro Jose repartiunos unhas pegatinas de pementos e tomates e fomos correndo a pintalas, despois de pintalas pegámolas nunhas macetas que tamen nos trouxo Patri, máis tarde Jose repartiunos unhas pegatinas co noso nome para pegarllas á maceta e non equivocarnos logo.
Unha vez feito todo isto saimos ao patio a plantar os tomates e pementos. En primeiro lugar sentamos facendo un círculo (ou algo así), logo por grupos fomos botándolle terra á maceta, despois plantamos os tomates ou pementos e preparamos ben a terra.
Cando xa estaba feito todo o traballo fixemos unha foto todos xuntos coa nosa nova "planta" (que bo traballo nos costou) e volvemos a dentro do colexio para regala.
Aquí tedes algunhas fotos do ben que o pasamos.
Moitas grazas Patri por acompañarnos nesta actividade e por compartir o teu tempo connosco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...