Celebramos os aniversarios de Carmen e Saad que o 23 de marzo cumpriron 6 anos.
Moitos parabéns!!
Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
É tempo de entroido e, os cativos e cativas de educación infantil, nesta ocasión confeccionamos na clase os nosos disfraces de OOMPA-LOMPAS inspirándonos na película de Wonka e no proxecto do chocolate que estamos a traballar nas tres aulas.
Este trimestre nas aulas de infantil imos facer un libro viaxeiro de receitas e postres con chocolate coa colaboración das familias.
Para mostra un bombón!
Botade unha ollada..
OS CATIVOS E CATIVAS DE INFANTIL NESTE TRIMESTRE ESTAMOS LEVANDO A CABO O PROXECTO DO CHOCOLATE.
E COMO BOS LARPEIROS E LARPEIRAS QUE SOMOS NON HAI MELLOR XEITO QUE PROBÁNDOO...
HOXE PARA MERENDAR XUNTAMONOS PARA FACER BROCHETAS DE FROITA CON CHOCOLATE FUNDIDO.
ESTABAN RIQUÍSIMAS!
😋😋😋😋😋😋😋😋😋😋
Rematamos o trimestre coa celebración dos cumples de novembro e decembro, a visita de Papa Noel e a festa de fin de ano.
Ai que ver o que nos gusta a troula!
Investigando sobre o qué comen as formigas descubrimos que son animais omnívoros, porque aliméntanse de animais e vexetais: insectos, animais mortos, cereais, doces, froitas, verduras e mesmo de froitos secos.
E aproveitando que estamos en outono e coa proximidade da celebracion do Magosto no cole, onde as protagonistas son as castañas, entrounos a curiosidade polos froitos secos e decidimos pedir a colaboración das familias para traer froitos secos ao cole e así tivemos a oportunidade de probalos, clasificalos, etiquetalos ...
E mesmo montamos un recuncho na aula!
Aprendemos moitísimas cousas...
O que máis nos chamou a atención foi descubrir que os cacahuetes non son froitos secos senón que son legumes da familia das lentellas e dos garavanzos...
Polo que temos unha nova misión entre mans: Plantar cacahuetes!
Hoxe tiremos unha gran sorpresa...
Visitounos o pai de Carme con Titi, o seu gatiño.
E Carme contounos moitísimas cousiñas da súa mascota.
Pasámolo de medo co Samaín...
Fixemos manualidades para decorar a aula, obradoiros coa colaboración das familias, merendas terroríficas, concurso de cabazas, actuacións e mesmo un túnel do terror...
🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃